domingo, 16 de marzo de 2014

Os videoxogos poden ser educativos?

Pois ben, este é un tema que xera moito debate na sociedade pero na miña opinión, sí, os videoxogos poden ser educativos xa que hoxe en día moitos deles xeran actividades lúdicas ou de inxenio sobre todo á hora de resolver puzzles para pasar á seguinte misión dun videoxogo.

Algún videoxogo que pode ser educativo é por exemplo toda a saga de Assassin's Creed xa que fala sobre a historia é realiza hipóteses de outra maneira como puido acontecer esta, podeira valer por exemplo, para clases de Historia xa que desta forma moitos atenderían nas clases para poder pasarse o xogo.

Outro videoxogo lúdico aínda que non o pareza é o Grand Thef Auto V, todos coñecemos a faceta de matar xente e facer actos delincuentes neste xogo, pero poucos fíxanse na crítica social que se estuda detenidamente durante a historia do xogo ou o estudo da compra-venda de accións que se poden realizar no xogo para crecer socialmente. Poderíase usar en clases de economía para entender ben e saber o porque do rexeitamento ao actual sistema capitalista.

Ningún comentario:

Publicar un comentario